Ponte Caldelas acondiciona os xardíns municipais
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas xa ten en marcha os traballos para a posta a punto dos xardíns municipais do casco urbano.
As tarefas de mantemento comezaron nas áreas de lecer de Chan da Barcia e do Paseo Manuel Cordo Boullosa. Os traballos continuarán nos vindeiros días polo resto das áreas comúns.
Dende o Concello anúnciase que no mes de maio, ao igual que en anos anteriores, está previsto o inicio das rozas de todos os camiños dos 33 lugares do rural de Ponte Caldelas.
O alcalde Andrés Díaz achegábase a coñecer como se están desenvolvendo os traballos e manifestaba a importancia de que todos os espazos públicos municipais estean en bo estado de conservación "para o uso e desfrute de todos os veciños de Ponte Caldelas", apuntaba o rexedor.