Lores, de cara á Semana Santa: "Son partidario de non abrir as comunidades autónomas e evitar todas as mobilidades posibles"
Por Anxo Lourido
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, analizaba este mércores a situación pandémica no municipio sinalando que se detecta un descenso de contaxios nas últimas semanas debido ás medidas restritivas que afectaron á mobilidade das persoas.
O rexedor indicou que, para a Semana Santa, é necesario manter o peche perimetral de Galicia: "son partidario de non abrir as comunidades autónomas e evitar as mobilidades posibles", afirmou Lores, que ten posta a esperanza de que a situación se normalice se se logran as vacinas suficientes este verán.
Advirte sobre a necesidade de manter todas as medidas para restrinxir a mobilidade para evitar unha cuarta onda. Lembra que a terceira fase foi máis daniña que as anteriores debido á presenza das distintas cepas e mutuaciones do virus, que provocaron un maior número de casos de falecementos derivados do virus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
"Non son partidario de que se abra a espita porque iso é garantía de que teremos unha cuarta onda", afirmou Fernández Lores lembrando que iso significaría unha nova deterioración da economía, un incremento de mortes e de persoas enfermas por coronavirus, cuxos efectos secundarios aínda se descoñecen a longo prazo.
Fernández Lores confirmou que este sábado o Recinto Feiral do Pazo da Cultura será utilizado como espazo para realizar unha proba de vacinación masiva a pedimento da xerencia da área sanitaria. O alcalde sinalou que as dependencias estarán ao dispor do que decidan os responsables sanitarias igual que cando se utilizou este espazo para realizar probas pcr a persoas que se achegaban ás instalacións en vehículo.
Relacionadas:
-
Tes entre 50 e 55 anos? A túa quenda para vacinarte comezará o próximo sábado
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade rectifica e abre Cambados desde o venres tras revisar a súa situación "con detalle"
Por Alejandro Espiño |
-
Os pacientes na UCI volven a ser 9 nunha área sanitaria con 442 casos activos pola covid-19
Por Alejandro Espiño |