A lei que podería botar a Ence de Lourizán dá un novo paso e os traballadores elevan a presión
Por Manu Otero
A tramitación da nova Lei do Cambio Climático continúa o seu curso ante da súa aprobación definitiva, na comisión do Congreso dos Deputados. Este martes votouse o polémico artigo 18 que limitará a duración das concesións a empresas no dominio marítimo terrestre cun resultado de 21 votos a favor e 15 en contra.
"Foi maioritariamente favorable polo que imos seguir na loita e na mobilización, non imos parar ata que haxa unha solución", declarou o secretario comarcal de Comisións Obreiras, Jose Luis García Pedrosa, despois de coñecer o resultado final da votación.
Aínda que non existe entendemento entre Comisións Obreiras, que dirixe o comité de empresa de oficinas de Ence, e CIG e UXT, que controlan o da planta. Os segundos xa abriron a porta para abrazar a vía da mobilización.
Para analizar o futuro da factoría con este novo marco legal, ambas as partes foron citadas a distintas horas a un encontro telemático co secretario de estado de Medio Ambiente do Ministerio de Transición Ecolóxica. A sección de Comisións Obreiras xa comunicou que declinan o encontro debido a que pediran o pasado venres ao delegado do Goberno, Javier Losada, unha entrevista presencial coa ministra Teresa Ribeira.
En cambio, o comité de empresa da fábrica si que asistirá á reunión. Pero advirten: "se non saimos cun compromiso firme que atenda as nosas demandas para garantir a continuidade dos nosos postos de traballo, poñeremos en marcha un calendario de mobilizacións", recolle o comunicado emitido este martes despois da reunión do comité, que, doutra banda, desmarcouse da xornada de protesta organizada este martes por Comisións Obreiras.
Na comisión do Congreso emitiron o seu voto a favor os trece deputados do PSOE, os catro de Podemos, un do Grupo Plural que forman Máis Pais e BNG, un de Teruel Existe e outro de Esquerra Republicana de Cataluña.
Pola contra posiciónanse en contra do artigo 18 da nova lei os nove deputados do PP, cinco de Vox, un do PNV e outro de Cidadáns.
Relacionadas:
-
Ignacio de Colmenares, presidente de Ence, acepta unha mesa de diálogo para analizar o futuro da factoría
Por Redacción |
-
Plantean unha mesa de diálogo para resolver o futuro de ENCE
Por Redacción |
-
Traballadores de ENCE "toman" o Concello en defensa dos empregos da fábrica en Lourizán
Por Mónica Patxot & Redacción | Creada e actualizada
-
O secretario de Estado de Medio Ambiente sobre ENCE: "A empresa ten de horizonte ata 2033"
Por Redacción |
-
A comisión de comités de ENCE sobre Ignacio de Colmenares: "Cremos que se necesita outro talante para asegurar o noso futuro"
Por Redacción |
-
A APDR pide ao secretario de Estado de Medio Ambiente que non ceda ás "ameazas" de Ignacio de Colmenares
Por Redacción |
-
Traballadores de ENCE cortan o tráfico e queiman pneumáticos diante da fábrica
Por Manu Otero | Creada e actualizada