O albariño dirixe a súa mirada cara o leste de Europa, República Dominicana ou Taiwan
Por Redacción
A pesar de que a situación da pandemia da covid-19 continúa limitando os plans de expansión das empresas españolas, a DO Rías Baixas decidiu seguir adiante con campañas internacionais para seguir alcanzado novos mercados.
Para este 2021, os viños albariños fixáronse como reto aumentar a súa presenza nos países do leste de Europa, especialmente Rusia, República Dominicana ou Taiwan.
As 107 adegas que exportan os seus caldos manterán ademais unha liña continuista en mercados que xa lles funcionan moi ben como Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Irlanda, Xapón, México, Países Baixos, Polonia e Reino Unido.
Segundo explican desde a DO, en Rusia e República Dominicana focalizarase a atención en actividades de formación dirixidas a prescritores, mentres que nos países do leste de Europa levará a cabo unha misión directa con compradores.
Asia tamén formará parte deste cronograma promocional coa celebración de dúas actividades en Corea e Taiwan, nas que participarán adegas pontevedresas.
Pola súa banda, nos países da Unión Europea, Estados Unidos, Canadá ou México, onde xa a presenza é notable, a denominación continuará cunha estratexia similar á de anos anteriores, con accións dirixidas non só ao profesional senón tamén ao consumidor final.
O plan para 2021 combinará propostas on-line, sobre todo durante o primeiro semestre do ano, con actividades presenciais que se celebrarán a partir de xuño, se a situación o permite e con todas as medidas de seguridade oportunas.
Relacionadas:
-
Vendima histórica na DO Rías Baixas con 44 millóns de quilos de uva recollidos
Por Redacción |
-
Crece o número de marcas que comercializan viño espumoso de calidade co selo Rías Baixas
Por Redacción |
-
Rías Baixas, "expectante" ante Asia, resiste aos aranceis de Trump e á incerteza do Brexit
Por Alejandro Espiño |
-
A vendima de Rías Baixas recolleu 34 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |