Novacaixagalicia non garante a continuidade dos dous centros sociais
Por Anxo Lourido
O xerente de Novacaixagalicia, Pedro Otero e o director do Centro de Operacións de ENCE en Pontevedra, Antonio Casal, asinaban un convenio de colaboración sociocultural para presentar unha exposición de gravados de Picasso que se desenvolverá no edificio do Café Moderno a mediados do mes vindeiro.
Precisamente, o xerente da entidade bancaria deixou entrever que no futuro vai verse a posibilidade de que continúen en funcionamento os dous centros sociais situados na Praza de San Xosé, o do Café Moderno e o novo Centro Social que pertencía a Caixanova. E sinalou que ""Pontevedra es una ciudad en la que tenemos que perdurar pero, como en la sociedad, nada de lo que fue va a ser igual, aquí nos encontramos con una duplicidad. Hemos tenido la suerte de que aquí es como tener un centro separado por una calle. Nos da mucha polivalencia y complementaridad. Hemos definido la actividad en su conjunto como si fuera un solo edificio. Hemos explotado los puntos fuertes de cada edificio". Pero Pedro Otero matizou "a futuro veremos cosas que nos inciten a pensar que nada es igual y que tendremos que poner de maniesto. Pero el futuro está por escribir y lo veremos".
Para finalizar, o xerente indicou "sí puede haber una filosofía de actuación distinta. Hoy lo que hay es que los dos centros están al servicio de Pontevedra y que mañana seguirán al servicio de Pontevedra". Pero non quixo garantir o futuro dos dous centros sociais na cidade.
Pola súa parte, o director do Centro de Operacións de ENCE en Pontevedra, Antonio Casal, indicou que a empresa pasteira quere seguir colaborando a través deste tipo de convenios e ámbolos representantes garantiron próximas actuacións na cidade. Casal sinalou "queremos ser un buen vecino por muchísimos años". No convenio para a exposición de Picasso, ENCE invirte 60 mil euros.