O PSOE pide a Telmo Martín que aproveite os recursos da Deputación para un plan de axudas
Por Redacción
O grupo municipal do PSOE de Sanxenxo esixe ao alcalde Telmo Martín "que deixe de perder o tempo" e poña en marcha un Plan de Rescate aos sectores afectados pola pandemia aproveitando os recursos que a Deputación pon en mans dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.
A portavoz socialista lémbralle ao Goberno municipal que dispón de 220.000 euros da Deputación (50.000 euros "finalistas" e outros 170.000 que pode utilizar do Plan Concellos) para "responder e repartir axudas de verdade, que cheguen á xente sen a burocracia, a propaganda e as mentiras da Xunta de Galicia".
Ainhoa Fervenza indica que "a Xunta non chega nin un euro e aínda pretenden que lles mandemos cartos!".
Os socialistas consideran que se o Concello de Sanxenxo achega fondos propios pódese poñer en marcha un Plan de Rescate "cunha dotación suficiente para que as pequenas empresas e persoas autónomas, especialmente a hostalería, se sintan acompañadas pola Administración municipal".