8M | Un camelio nos Baños de San Xusto para lembrar a todas as mulleres galegas
Por Redacción
Julia García Tilve rexentou a súa panadaría toda unha vida para poder sacar adiante a súa familia. Emma Valiñas Barreiro é unha sanitaria que durante moitos anos coidou da saúde dos seus veciños no centro de saúde de Cerdedo. Ambas foron as protagonistas do 8M, Día Internacional da Muller, en Cerdedo-Cotobade.
A homenaxe celebrouse nos Baños de San Xusto, onde ambas mulleres participaron na plantación dun camelio na entrada do futuro balneario, como símbolo de lembranza a todas as mulleres galegas.
Neste acto participaron membros da corporación municipal encabezados polo alcalde, Jorge Cubela, e a concelleira de Muller e Igualdade, Galiza Aguete; a presidenta da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO), Raquel Touriño, e veciños e veciñas que non se quixeron perder este acto.
A edil de Igualdade lembrou tamén, nun día tan simbólico como é o 8 de marzo, a memoria de Rosalía de Castro cuns versos da propia poetisa para poñer en valor o seu espírito feminista.
Pola súa banda o alcalde, Jorge Cubela, manifestou que con este acto "queremos agradecer ás nosas veciñas Julia e Emma non só toda a súa traxectoria profesional, senón tamén a súa dedicación á veciñanza ao formar parte da vida política deste municipio".
En relación ao 8M, Cubela destacou que "somos conscientes que aínda nos queda moito camiño por diante" xa que seguen a estar presentes na sociedade a fenda laboral, a violencia machista ou os teitos de cristal.
Relacionadas:
-
Teatro contra as violencias machistas para o novembro cultural en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A recuperación dos Baños do San Xusto, un "soño colectivo" que xa é unha realidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Homenaxe ás mulleres rurais en Cerdedo-Cotobade por ser un exemplo de "superación, resiliencia e constancia"
Por Redacción |
-
8M | Ponte Caldelas, tinguido de morado por Día Internacional das Mulleres
Por Redacción |
-
8M | 'Libre como o mar', un mural en Sanxenxo para homenaxear as mulleres do mar
Por Redacción |
-
8M | A Lama avoga polo empoderamento da muller e a súa participación activa na sociedade
Por Redacción |
-
8M | Poio reivindica "seguir dando pasos" para eliminar a "fenda de xénero"
Por Redacción |
-
8M | A Xunta defende en Pontevedra o seu compromiso "irrenunciable" coa igualdade
Por Redacción |