Cada bar de Cuntis recibirá uns 1.400 euros polas axudas ante a covid-19
Por Redacción
Ata 1.400 euros por establecemento será o diñeiro que recibirán en axudas os establecementos hostaleiros de Cuntis que soliciten participar no plan de rescate para os afectados pola covid-19.
O Concello, tras unha reunión con representantes da Xunta, decidiu adherirse ao sistema autonómico de axudas, polo que os afectados de Cuntis deberán solicitar estas axudas desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
A tramitación das axudas xa está en vigor e os interesados teñen un prazo dun mes, a contar desde a súa publicación, para poder solicitalas.
Desde o goberno municipal explican que o goberno galego destinará uns 1.000 euros por establecemento beneficiario, aos que o executivo municipal sumará outros 400 euros.
A estas axudas, Cuntis suma o seu programa Revitaliza Cuntis, creado para paliar o impacto da pandemia sobre microempresas e autónomos do municipio.
O obxectivo en inxectar liquidez nos negocios destes emprendedores para contribuír ao mantemento das súas respectivas actividades, actuando directamente sobre as persoas físicas e xurídicas máis afectadas.
O investimento previsto para este programa é duns 30.000 euros, recollidos no orzamento municipal vixente, e que se repartirán en 300 euros para cada beneficiario.