541 casos activos pola covid-19 nunha área que reduce a 35 os pacientes hospitalizados
Por Alejandro Espiño
O número de casos activos por covid-19 continúa baixando a bo ritmo, grazas sobre todo aos poucos contaxios que se detectan -11 nas últimas 24 horas- e a recuperación dos que estaban infectados, que foron 69 desde onte.
Con eses datos, o Servizo Galego de Saúde cifra este sábado os casos activos na área de Pontevedra e O Salnés nun total de 541. Son 58 menos que onte.
A presión asistencial tamén se reduciu aínda máis. Hai 35 pacientes ingresados con coronavirus, tres menos que o día anterior.
A maior parte dos hospitalizados (27) están en sendo atendidos en Montecelo. Outros tres están no Hospital do Salnés. Non hai ningún paciente covid, pola súa banda, no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Os pacientes máis graves, que están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo, son 8 nestes momentos, segundo os datos achegados polo Sergas. É un menos dos que había onte.
O resto dos que contraeron o virus, outras 506 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 11.767 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 69 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 156 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 168.542, 941 nas últimas horas. Delas, 9 deron positivo (0,95%). A estas probas súmanse as 85.692 seroloxías realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.952, 216 menos que o día anterior. Deles 1.342 son da área da Coruña, 339 da de Lugo, 244 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 676 da área de Vigo, 451 da de Santiago e 359 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 310 en unidades de hospitalización e 3.560 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 107.299 persoas curadas, rexistrándose 2.264 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.707.039 probas PCR, 6.926 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar a 149 novos infectados.
Relacionadas:
-
Os hospitales da área manteñen ingresados 29 pacientes con covid-19 nunha xornada con 492 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Un home de 64 e unha muller de 85 anos falecen nas últimas horas por covid-19 en Montecelo
Por Redacción |
-
O 'verde' avanza na área sanitaria con oito municipios sen novos casos na última semana
Por Alejandro Espiño |
-
Sen novos casos de covid-19 na Illa de Arousa e Portas durante os últimos catorce días
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade reabrirá o próximo luns gran parte da área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os pacientes covid ingresados na UCI de Montecelo redúcense a 9
Por Diego Espiño |