Reclaman que a Xunta asuma o colexio Salvador Moreno e cambie o seu nome "franquista"
Por Redacción
O sindicato CIG esixe á Xunta de Galicia que reclame a transferencia da xestión do colexio Salvador Moreno de Pontevedra e que se lle cambie o nome por ser "franquista", cumprindo así a lei de memoria histórica vixente en España.
Para logralo, o sindicato dirixiuse á Subdelegación do Goberno, ao Concello de Pontevedra e ao Valedor do Pobo para que insten os gobernos español e galego a corrixir esta situación.
Dende a CIG lembran que as competencias en materia educativa están transferidas ás comunidades autónomas, polo que o feito de que a dirección do centro sexa persoal laboral do Estado "é contrario ao exercicio destas competencias".
Sosteñen que o colexio non pode considerarse privado ao estar sostido con fondos públicos, no que a titularidade é da Armada, o persoal docente e directivo é persoal ao servizo da administración e o financiamento é con cargo aos orzamentos do Estado.
Ao mesmo tempo, esixen a retirada do nome do colexio, por ter sido Salvador Moreno un "activo colaborador" do golpe de estado fascista de 1936 e da represión franquista posterior.
Esta petición, engaden desde CIG, ten un carácter "se cabe máis especial", ao tratarse dun edificio público civil no que o persoal civil ao servizo do Ministerio de Defensa desenvolve a súa actividade laboral e profesional.
COLOCACIÓN DA BANDEIRA GALEGA
Outra das demandas da CIG é a colocación da bandeira galega no edificio, xa que actualmente só figura a española. Finalmente, solicita a eliminación do ideario relixioso que o colexio obriga a aceptar a toda a comunidade escolar, tal e como recolle na súa páxina web.
Relacionadas:
-
Denuncian que no colexio 'Juan Sebastián Elcano' só ondea a bandeira de España e incúlcase "amor á patria e ás Forzas Armadas"
Por Redacción |
-
O colexio Salvador Moreno pasará a chamarse Juan Sebastián Elcano
Por Redacción |
-
O BNG pide ao Goberno que cambie o nome do colexio Salvador Moreno e retire a simboloxía franquista e relixiosa do centro escolar
Por Redacción |
-
O cambio de nome do colexio Salvador Moreno chegará ao Congreso
Por Redacción |
-
Para o BNG é "moi grave" que Rajoy "exalte" a Salvador Moreno
Por Alejandro Espiño |
-
Rajoy: "No sé por qué le han quitado la calle a Salvador Moreno. Yo la sigo llamando así"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada