A Subdelegación do Goberno reparte outras 220.000 máscaras na provincia
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno vén de repartir 220.000 máscaras na provincia. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou este venres o dispositivo de distribución situado no Parque Móbil do Estado.
Neste sexto operativo de distribución, 76.000 máscaras foron entregadas este venres á Cruz Vermella, Cáritas e ao CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) para o seu reparto entre a poboación máis vulnerable da provincia.
Ademais, a Subdelegación do Goberno entregará aos municipios de A Estrada e Lalín 3.000 máscaras respectivamente; a Marín e Ponteareas, 3.500; a Cangas 4.000; a Redondela 4.500; a Vilagarcía de Arousa 6.000; a Pontevedra 13.000 e a Vigo 45.500.
En total, estes concellos repartirán 86.000 máscaras entre a súa poboación.
A Deputación de Pontevedra tamén recibirá 58.000 máscaras para distribuír entre os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
Durante a súa visita ao operativo, a subdelegada informou que desde abril a Subdelegación do Goberno repartiu xa 1.404.000 máscaras entre concellos, usuarios de transporte, residencias de maiores, persoas en situación de vulnerabilidade e colectivos sociais e empresariais.
Por último, Larriba lembrou a importancia do uso deste elemento protector, "xa que aínda que a situación está mellorando, non podemos baixar a garda".
Neste sentido, a subdelegada destacou a importancia de usar as máscaras, lavar as mans, manter a distancia social, maximizar a ventilación, minimizar os contactos e quedar na casa se temos síntomas.
Relacionadas:
-
A Subdelegación do Goberno reparte 360 mil máscaras a entidades locais e sociais da provincia
Por Redacción |
-
Cruz Roja recibe 216 toneladas de alimentos para repartir entre familias desfavorecidas
Por Redacción |
-
O "escudo social" do Goberno en Pontevedra: 2.700 millóns de euros e 85.000 persoas beneficiadas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Medio milleiro de propostas de sanción por incumprir as normativas anticovid nos últimos 15 días
Por Redacción |
-
Os concellos pontevedreses recibirán 54.000 máscaras máis a partir do luns
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno reparte neste mes outras 180.000 máscaras na provincia
Por Redacción |