Obradoiros para fomentar a igualdade e erradicar os estereotipos de xénero no colexio da Lama polo 8M
Por Redacción
Os días 8 e 9 de marzo o Centro de Información á Muller realizará cinco obradoiros de igualdade entre o alumnado de primeiro a sexto de Primaria do colexio da Lama.
Baixo a coordinación de Adriana Fontaíña e Galiza Aguete, buscarán detectar e erradicar, de forma údica e participativa, os estereotipos de xénero que poidan estar presentes nestas idades. Ademáis, buscarán fomentar a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para promover a coeducación e previr a desigualdade de xénero.
Tamén buscarán proporcionar as ferramentas necesarias para asentar as bases para obter unhas relacións positivas e igualitarias e romper cos estereotipos de xénero dentro do ámbito familiar, fomentar a igualdade na familia, a escola e o traballo, valores como a corresponsabilidade e rexeitar a violencia como forma de relacionarse, valorarse, resolver conflitos, identificar obstáculos que dificultan a conciliación e aprender a usar a linguaxe inclusiva para nomear tanto ás mulleres como os homes.
Esta iniativa levarase a cabo dentro dos actos conmemorativos do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Conta cunha subvención de 1.440,10 euros da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género, de transferencias para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o exercicios 2020.