Cuntis pide non tirar as toalliñas húmidas polo inodoro porque atascan as depuradoras
Por Redacción
Toalliñas húmidas, bastóns para as orellas, tampóns ou compresas están a crear graves problemas no sistema de depuración de Cuntis. De aí o chamamento do goberno municipal á veciñanza para que non tiren todo este material hixiénico polos inodoros.
Estes refugallos crear una masa espesa e compacta que provoca atascos e malos cheiros nas arquetas, ademais do dano na rede de sumidoiros. Rematan obstruíndo a rede de saneamento en distintos puntos do concello ao impedir o paso fluído das augas residuais.
O alcalde, Manuel Campos, apunta que estas obstrucións danse con moita frecuencia e colapsan a rede de saneamento e xeran un dano ambiental, económico e de saúde pública.
A maioría deste material de hixiene persoal, recorda Campos, non é biodegradable e provocan un sobrecusto en tarefas de limpeza e mantemento que oscila entre os 500 e os 650 euros.
Nas últimas intervencións atopáronse mesmo prendas de roupa interior, o que provocou graves problemas, polo que Cuntis agarda que Augas de Galicia tamén se involucre nesta problemática con campañas para sensibilizar á poboación.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Desesperación do servizo de limpeza de sumidoiros da Illa de Arousa polos atascos provocados por toalliñas
Por Redacción |
-
Acometen unha limpeza preventiva da rede de saneamento de Doutor Tourón para evitar novas obturacións
Por Redacción |
-
Mellora o saneamento en Cuntis coa eliminación da depuradora de A Louriña
Por Redacción |
-
Investiranse 1.600.000 euros en novas obras de saneamento en Cuntis
Por Redacción |