Marín licita os quioscos das praias e o aluguer de hidropedais, canoas e paddle surf
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín xa ten redactado o prego que regula as condicións económico-administrativas para o outorgamento de autorizacións para a explotación de servizos da tempada de verán do 2021 nas praias do termo municipal.
Este prego regula a explotación dos quioscos de venda de xeados e refrescos, postos de aluguer de hidropedais, canoas ou táboas de paddle surf, que ocupan un espazo do dominio público marítimo-terrestre.
Esta explotación será para a tempada de verán 2021, que abarca desde o 1 de maio ata o 30 de setembro de 2021.
De xeito concreto, existe un quiosco en cada praia, unha instalación de hidropedais en Mogor e outra de canoas e táboas de paddle surf en Aguete. Tal e como recolle o prego, de non ser posible a adxudicación dalgún destes espazos antes do 1 de maio, a duración da autorización para a explotación do servizo durará desde que se adxudique ata, igualmente, o 30 de setembro.
Fóra desta tempada, as instalacións deberán cesar, quedando todo ese dominio público que ocupa en perfecto estado e completamente desocupado.
O canon mínimo a abonar ao Concello para cada un dos lotes poderá ser mellorado polas ofertas dos licitadores.
En Portocelo e Mogor habera un quiosco de 8 metros cadrados, cunha terraza de 31 metros cadrados ten un canon de 1.560 euros en cada praia. Ademáis en Mogor a explotación do aluguer de 10 hidropedais ten un canon de 400 euros.
En Aguete haberá un quiosco de 8 metros cadrados, cunha terraza de 19 metros cadrados ten un canon de 1.080 euros e a explotación do aluguer de 8 canoas e piragüas ten un canon de 320 euros o mesmo que a explotación do aluguer de 8 táboas de paddel surf.
En Loira haberá un quiosco de 12 metros cadrados, cunha terraza de 50 metros cadrados o canon é de 2.480 euros; e na praia do Santo haberá un quiosco de 8 metros cadrados, cunha terraza de 8 metros cadrados ten un canon de 640 euros.
Nesta convocatoria poderán participar aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan unha actividade ou obxecto social cunha relación directa co obxecto do contrato, ademais de que será preciso dispoñer dos medios dos elementos persoais e materiais suficientes para poder explotar debidamente a instalación.
Para participar na licitación, deberán presentar toda a documentación requerida no prego a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. Unha vez remate o período da licitación, comezará a apertura de sobres para, finalmente, proceder á adxudicación.
Relacionadas:
-
Os servizos nas praias de Marín estarán activos ata o 30 de setembro
Por Redacción |
-
Os cans de Marín quedarán sen praia no verán
Por Redacción |
-
A ponte do río Loira estrea varanda
Por Redacción |
-
Licitan a senda entre Bagüín e Seixo, que incluirá a mellora do acceso á praia de Aguete
Por Oskar Viéitez |
-
Marín estuda crear unha zona adaptada a persoas con discapacidade nunha das súas praias para o verán 2021
Por Redacción |