Carmela Silva: "En Madrid un concerto con case 5.000 persoas, e as concentracións das mulleres non?"
Por María José Pita
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comparecía en roda de prensa para dar conta dos diversos asuntos relacionados coa Xunta de Goberno do organismo provincial. Dada a proximidade da data do 8 de marzo, quixo expresar a súa oposición ás medidas adoptadas para prohibir que se celebren manifestacións ao redor do Día Internacional das Mulleres. "A miña disconformidade con impedir as manifestacións das mulleres. E dáme igual quen tome esa decisión, non estoy de acordo", declaraba Carmela Silva.
COMUNICADO
— Delegación del Gobierno en Madrid (@DGobiernoMadrid) March 4, 2021
La @DGobiernoMadrid ha decidido, tras estudiar todas las propuestas de convocatorias de manifestaciones y concentraciones, prohibir todas las que han sido comunicadas a la @DGobiernoMadrid para el domingo 7 y lunes #8Marzo en la #ComunidaddeMadrid pic.twitter.com/fL7yM45sHu
O enfado da presidenta provincial poñíase de manifesto ao lembrar que periodicamente se veñen realizando marchas e concentracións multitudinarias por parte de diversos colectivos. "Por que non se impiden outras manifestacións? Dende que comezou a pandemia temos visto concentracións e manifestacións case que todos os días. É máis, en Madrid un concerto con case 5.000 persoas con Raphael. E as concentracións das mulleres non? De verdade? Canta ideoloxía hai nestas decisións? Canto culpabilizar as mulleres?".
Carmela Silva avanzaba que ela non vai participar en ningunha concentración e, como alternativa, desde a Deputación estase a desenvolver un amplo programa de actividades onde se limita a participación presencial e se favorecen formatos telemáticos. "Eu creo que o 8 de marzo podemos facer unha gran programación, unha gran denuncia da situación das mulleres sen convocar este ano manifestacións pero reclamo o dereito das mulleres a poder ter garantidos os dereitos constitucionais, igual que outro tipo de manifestacións".
Con todo, a presidenta provincial lembra en que calquera concentración organizada ao redor do 8M vai contar con todas as medidas de seguridade, tanto pola obrigatoriedade de que as participantes porten máscara como o mantemento da distancia social: "os colectivos feministas xa anunciaron que as concentracións e manifestacións serán con todas as medidas sanitarias co cumprimento de todas as normas".
"Así que xa está ben que se prohiba e se impida somentes cando son actividades realizadas por mulleres que demandan os seus dereitos. Non estou de acordo", remataba Carmela Silva.
Relacionadas:
-
A Deputación anuncia unha "extensa xeira de accións" que farán de marzo o mes da igualdade
Por María José Pita |
-
A Deputación equipara axudas a clubs femininos e masculinos e promove accións de apoio ao emprego e á cultura
Por María José Pita |
-
Sen minutos de silencio no 25N da Deputación: "estamos fartas do silencio, imos berrar alto e claro contra o maltrato que sufrimos as mulleres"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |