A Escola de Música de Vilaboa, aínda que con complicacións para seguir adiante, mantense optimista

© Escola de música de Vilaboa

© Escola de música de Vilaboa
O seu director, Daniel Figueira, mantense optimista: "a ilusión todo o pode, e nós temos un grupo de rapaces e rapazas moi implicados que queren que a súa bandiña siga adiante". Nas vísperas dunha data tan significativa como o 8 de marzo, apunta que case o 70% do alumnado desta escola é feminino.
A razón, explican, está na teledocencia: "poñer a un rapaz de 8 anos diante dunha pantalla durante unha hora para aprender a tocar a frauta, por exemplo, provocou que aparecese a desmotivación, pero nunha porcentaxe pouco significativa", apunta Daniel Figueira, licenciado en música polo Conservatorio Superior do Principado de Asturias. Ademais engade que traballan "con obxectivos a curto prazo que incentiven aos alumnos na súa aprendizaxe. Comprobar que melloran e que os logran aumenta a súa ilusión por continuar".
Como alternativas buscaron a elaboración doutros proxectos, como un videoclip cunha peza de Deep Purple, á que lle porá voz o cantante galego Miguel Bello. "Queremos animar a toda a veciñanza de Vilaboa e manter vivo o gusto pola música", sinala Daniel Figueira, que comenta con ilusión a súa esperanza de que a banda percorra este verán as parroquias co ciclo de concertos que non se puido realizar no 2020.
Cun cadro formado por 12 profesores e o empeño de Daniel Figueira de contar cun amplo catálogo de instrumentos de préstamo complican o orzamento anual da escola, que ademais das cotas dos pais conta co respaldo económico do Concello de Vilaboa e máis da Xunta e da Deputación Provincial, xunto a varias empresas da contorna.
Aínda así non é suficiente para cubrir os gastos, e teñen que buscar outras alternativas. Porén, e tal e como alega o director, paga a pena, "porque estamos moi orgullosos de todos os nosos alumnos e especialmente dos 60 que compoñen a Banda de Música, que se saben continuadores dunha banda que desapareceu en Paredes hai cerca de cen anos" e ademais resaltou a implicación dos mesmos, "merecedora do seu apoio, respeto e admiración".
Relacionadas:
-
A Escola de Música de Vilaboa celebra a súa primeira década cun macroconcerto
Por Redacción |
-
A Banda de Música de Vilaboa continúa a súa xira por parroquias cun concerto en San Adrián de Cobres
Por Redacción |
-
Vilaboa pecha o ano con 20.000 euros en subvencións a actividades culturais e deportivas
Por Redacción |