Os pacientes covid ingresados na UCI de Montecelo redúcense a 9
Por Diego Espiño
O principal factor que impedía a flexibilización de restricións, especialmente de mobilidade, na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, mellorou nas últimas.
Trátase da presión hospitalaria, en concreto da ocupación da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo e que este venres 5 de marzo, segundo a actualización de datos oficiais do Servizo Galego de Saúde, baixou ata os 9 pacientes positivos por covid, dous menos que a xornada anterior.
Ademais as hospitalizacións en planta tamén se reduciron en tres persoas, con 26 pacientes ingresados no Complexo Hospitalario de Pontevedra e 3 no Hospital do Salnés. Desta forma o total de ingresados é actualmente de 38.
No que respecta ao número de casos activos, a área pontevedresa conta ao 5 de marzo con 599 infeccións activas de coronavirus, o que supón unha redución de 33 con respecto ao xoves. Isto débese un día máis a que as altas epidemiolóxicas (50) superaron aos novos contaxios detectados (17).
Desde o inicio da pandemia faleceron na área Sanitaria 156 persoas positivas por covid, superando a enfermidade 11.698 afectados.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico o número de casos activos de coronavirus é de 4.168, é dicir, 285 menos que na xornada precedente. Deles 311 persoas permanecen ingresadas nunha planta hospitalaria (44 menos) e 89 evolucionan na UCI (catro menos).
A cifra de falecidos en Galicia ascende a 2.262, tras notificar a Consellería de Sanidade tres mortes nas últimas 24 horas.
Relacionadas:
-
541 casos activos pola covid-19 nunha área que reduce a 35 os pacientes hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Sen novos casos de covid-19 na Illa de Arousa e Portas durante os últimos catorce días
Por Alejandro Espiño |
-
Descenso notable de pacientes covid hospitalizados na área sanitaria: 43 ingresados en Montecelo e no Salnés
Por Redacción |
-
Novo falecido con covid-19 no Salnés: un home de 80 anos, vítima 156 da área sanitaria
Por Redacción |
-
Sanidade xustifica manter o peche da área sanitaria de Pontevedra pola situación da UCI
Por Alejandro Espiño |
-
O número de pacientes ingresados por covid-19 redúcese a 50 na área sanitaria
Por Redacción |