Ferido de gravidade un octoxenario ao engancharse a perna cunha fresadora
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo informou este xoves dun accidente cun tractor no lugar de Pazos na parroquia de Nantes.
O condutor do vehículo agrícola era un home de 80 anos que resultou ferido de gravidade.
Segundo relatan estas fontes oficiais, a fresadora do tractor enganchouse nun tubo da rega e colleulle a perna.
O accidente tivo lugar sobre as 16.20 horas deste xoves.