Pontevedra baixa a súa incidencia acumulada por baixo de 150 e a de Marín cae ata os 206
Por Redacción
O municipio de Pontevedra baixou este xoves 4 de marzo de nivel de alerta ao caer a incidencia acumulada de covid nos últimos 14 días por baixo da barreira dos 150 casos por cada 100.000 habitantes. En concreto a capital provincial reporta actualmente 143 casos activos (dez menos que a xornada previa), o que lle permitiu situarse cunha incidencia de 140 no segundo dos niveis establecidos.
Tamén baixa de nivel Marín, con 62 casos activos (seis menos), aínda que no seu caso situándose no nivel medio cun acumulado de 206.
Entre o resto de municipios, entre os que confirmaron os seus datos a nivel local, destaca a redución de afectados en cifras absolutas na segunda cidade da provincia, Vilagarcía de Arousa, con 63 casos activos (nove menos) que lle deixan con 162 de incidencia.
Tamén descenden as infeccións en Soutomaior con 42 casos (un menos) a pesar de manterse no nivel máximo de alerta, Vilanova de Arousa con 35 (catro menos), Sanxenxo xon 35 (dous menos), Ponte Caldelas con 22 (un menos), Vilaboa con 14 (dous menos), Meis con 4 (cinco menos) e Campo Lameiro con 2 (un menos).
Os que se manteñen sen cambios son Bueu e Cerdedo-Cotobade con 9 casos activos, Meaño con 6, Barro con 5, Ribadumia con 4 e Portas sumando unha xornada máis sen reportar contaxios entre os seus veciños.
Pola contra tres municipios confirmaron un lixeiro aumento de casos, un máis cada un deles. Son Poio e Cambados con 38 afectados e tamén Cuntis con 7.
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.
Relacionadas:
-
Sanxenxo apela á "serenidade e responsabilidade" para superar a repunta que sitúa á vila en alerta vermella
Por Redacción |
-
Sen novos casos de covid-19 na Illa de Arousa e Portas durante os últimos catorce días
Por Alejandro Espiño |
-
Descenso notable de pacientes covid hospitalizados na área sanitaria: 43 ingresados en Montecelo e no Salnés
Por Redacción |
-
Novo falecido con covid-19 no Salnés: un home de 80 anos, vítima 156 da área sanitaria
Por Redacción |
-
Pontevedra e Marín encabezan a baixada de casos activos de covid-19 nos municipios da área sanitaria
Por Redacción |