Comezan as obras na Rúa do Vento cun investimento que ascende a case 41.000 euros
Dous meses é o prazo do que dispón a empresa COVSA, adxudicataria das obras, para realizar os traballos previstos na Rúa do Vento.
A obra está financiada coas reservas do Plan Concellos da Deputación de 2018 e 2019 e terá un custo total de 40.492 euros.
Segundo o goberno local, coa humanización da Rúa do Vento preténdese mellorar o servizo ofrecido aos seus usuarios, especialmente para os peóns, pois é un vial moi utilizado por toda a veciñanza e visitantes do municipio.
O proxecto contempla a construción dunha beirarrúa de baldosa hidráulica de 2 metros de ancho na marxe esquerda do vial, flanqueada por un bordo prefabricado de formigón, dando resultado a unha superficie total de beirarrúa que ascenderá a 310 metros cadrados.
Antes de facer a pavimentación tamén se mellorará a rede de saneamento coa colocación dunha tubaxe de PVC e a construcción dos correspondentes 6 pozos de rexistro e 6 acometidas domiciliarias. O prazo de garantía da obra é de 12 meses.