Rosa Quintana supervisa os novos cursos de formación que oferta a Aixola no seu centro do porto de Marín
Por Oskar Viéitez
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo presidente da o Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, a alcaldesa de Marín, María Ramallo e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitou este mércores o centro de formación A Aixola, no Porto de Marín para supervisar o funcionamento dos novos cursos.
O Centro de Formación A Aixola, que xestiona a Consellería do Mar a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, puxo en marcha catro novos cursos que se desenvolverán nos primeiros meses de 2021 cunha oferta de 51 prazas .
Estes cursos son gratuítos e están dirixidos a operarios do sector pesqueiro, así como a pescadores e mariscadoras, cónxuxes destes ou persoas con titulación ou certificado para traballar no sector pesqueiro.
"Son cursos muy acertados para el sector, para conseguir esa renovación generacional y también diversificar la actividad del sector pesquero", destacou a conselleira do Mar.
Estas actividades formativas comezaron o pasado 29 de xaneiro, co inicio das clases do curso de "Reparación de embarcacións pneumáticas" que, cunha duración de 300 horas e 12 prazas, desenvolverase ata o 30 de abril.
En febreiro darán comezo dous novos cursos, o de "Electricidade e hidráulica básicas aplicadas ao buque", que con 12 prazas e 275 horas terá lugar do 1 de febreiro ao 26 de abril; e o curso de "Elaboración e instalación de cubertas de madeira en embarcacións menores", con 300 horas e 15 prazas, e que se prolongará do 12 de febreiro ao 14 de maio.
A programación formativa completarase co curso de "Confección e mantemento de artes e aparellos de pesca". As datas desta actividade, que terá unha duración de 330 horas, están pendentes de confirmación.
"El grado de empleabilidad es muy alto, está por encima del 80%. Nos sentimos orgullosos de esta escuela", comentou Rosa Quintana.
Relacionadas:
-
A Aixola estende o seu plan formativo con 60 prazas máis en cinco novos cursos gratuítos
Por Redacción |
-
O GALP Ría de Pontevedra asesora aos proxectos relacionados co mar
Por Redacción |
-
O centro de formación marítimo-pesqueira A Aixola reabre as súas portas con oito novos cursos
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide a reapertura do centro de formación Aixola
Por Redacción |