Inícianse os cribados para detectar posibles asintomáticos en Vilanova de Arousa
A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no pavillón de Vilanova de Arousa ata o vindeiro venres 5 de marzo novos cribados poboacionais con PCR convencional, coa finalidade de detectar o maior número posible de portadores asintomáticos da covid-19.
Nesta ocasión, 1.734 persoas de entre 50 e 64 anos foron convocadas.
Os cribados terán lugar a partir das 9:00 horas na quenda de mañá, e das 15:30 na de tarde. Os resultados negativos serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse por vía telefónica.
Ao longo do mes de febreiro, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuou 44.591 convocatorias preventivas en distintas localidades, ás que asistiron 31.445 persoas, un 70,5%.
Relacionadas:
-
Detectan catro positivos por covid-19 no cribado preventivo de Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
As farmacias de Cambados farán un cribado masivo para detectar asintomáticos
Por Redacción |
-
Descenso notable de pacientes covid hospitalizados na área sanitaria: 43 ingresados en Montecelo e no Salnés
Por Redacción |
-
Sanidade convoca a un cribado á poboación de Vilanova de Arousa de 50 a 64 anos
Por Redacción |
-
De 15.040 mostras de saliva recollidas nas farmacias da provincia, 30 resultaron positivas
Por Oskar Viéitez |
-
Novos cribados preventivos no centro Méndez Núñez e nas residencias de Campolongo e Saraiva
Por Redacción |