O número de pacientes ingresados por covid-19 redúcese a 50 na área sanitaria
Por Redacción
Baixada de seis pacientes no número de enfermos covid ingresados nos hospitais de Pontevedra e O Salnés durante as últimas 24 horas. Pasouse de 56 a 50 repartidos da seguinte forma: 39 atópanse en planta, 30 no Hospital Montecelo e 9 no Hospital do Salnés, mentres que 11, os mesmos que este martes, continúan na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Dos 683 casos activos que se rexistran na área sanitaria, 39 menos que este martes, permanecen 633 nas súas vivendas evolucionando desta enfermidade.
Por culpa do virus faleceron desde o inicio da pandemia 155 persoas e curáronse 11.579 pacientes, 51 máis durante a última xornada, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
Nas últimas 24 horas realizáronse 697 probas PCR, nas que se detectaron 13 novos positivos. Desde o inicio da pandemia nesta zona sanitaria realizáronse 166.073 probas.
A incidencia acumulada a 7 días en Pontevedra sitúase en 63,09 mentres que a 14 días é de 153,57.
GALICIA
En Galicia detectáronse 173 novos positivos nas últimas 24 horas, segundo a Consellería de Sanidade. Mantéñense 4.686 persoas coa enfermidade, das que 375 atópanse en planta de hospitalización e 97 persoas permanecen na UCI. En total, 472 ingresadas, 16 pacientes menos que na xornada do martes.
O número de falecidos comunicado nas últimas horas é de 4 decesos, que sitúan a Galicia en 2.256 persoas mortas desde que se toman datos dos falecementos provocados por esta pandemia.
A incidencia acumulada nos últimos 7 días na comunidade autónoma é de 54,37 (-7,6) e a incidencia acumulada nos últimos 14 días sitúase en 132,87 (-6,8).
Relacionadas:
-
Os pacientes covid ingresados na UCI de Montecelo redúcense a 9
Por Diego Espiño |
-
Descenso notable de pacientes covid hospitalizados na área sanitaria: 43 ingresados en Montecelo e no Salnés
Por Redacción |
-
Novo falecido con covid-19 no Salnés: un home de 80 anos, vítima 156 da área sanitaria
Por Redacción |
-
Pontevedra e Marín encabezan a baixada de casos activos de covid-19 nos municipios da área sanitaria
Por Redacción |
-
Sanidade xustifica manter o peche da área sanitaria de Pontevedra pola situación da UCI
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria de Pontevedra seguirá pechada e Soutomaior pasa ao nivel máximo de restricións
Por Alejandro Espiño |
-
Marín, Vilaboa, Ponte Caldelas, Vilanova e Soutomaior mantéñense por encima do límite de 250 de incidencia acumulada
Por Redacción |
-
Sanidade convoca a un cribado á poboación de Vilanova de Arousa de 50 a 64 anos
Por Redacción |
-
O descenso de contaxios tamén se nota nos colexios: a semana empeza con 21 positivos menos nas aulas
Por Redacción |
-
100 persoas faleceron por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nos tres últimos meses
Por Redacción |