O CAAN da Deputación terá o seu propio equipo de radiodiagnóstico veterinario
A Deputación de Pontevedra dotará ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) cun completo equipo de radiodiagnóstico veterinario.
Este investimento nas instalacións da Armenteira suporá unha importante mellora no benestar dos animais, coa axilización do diagnóstico das súas posibles lesións a través dun método complementario de gran valor clínico, xa que ata agora as radiografías que se necesitaban dos cans e cadelas tiñan que ser realizadas a través dun servizo externo.
Deste xeito, a Deputación vai investir un orzamento de 29.000 euros na contratación do subministro, instalación e rexistro dun equipo de radioloxía de uso veterinario xa que, segundo o CAAN, é unha das técnicas diagnósticas non invasivas que maior información aporta sobre o estado dos animais.
Ata o momento, a valoración de posibles fracturas de animais ingresados no CAAN supoñía o traslado destes a un centro veterinario, o que implicaba tanto un custe económico como un retraso na obtención dun diagnóstico e no inicio dun tratamento.
De aí a necesidade, segundo a institución provincial, de que o CAAN conte co seu propio equipo de radioloxía para garantir deste xeito o benestar animal, coa realización das probas diagnósticas necesarias dende o primeiro momento.
Relacionadas:
-
As adopcións de animais no CAAN levan camiño de récord
Por Redacción |
-
A recuperación de Rulo, bulldog francés rescatado dunha historia de maltrato e agora operado de hernia discal
Por Redacción |
-
RADIO.- Convidados de luxo para falar en Podcans de educación canina en positivo
Por Redacción |
-
Buscan os responsables do abandono dunha gata nunha bolsa precintada
Por Oskar Viéitez |
-
O Centro de Acollida e Protección de Animais superou as cen adopcións de cans en mes e medio
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan 12 cachorros de dúas camadas nun prazo de dous días en Caldas de Reis e O Porriño
Por Redacción |