A peonalización de Benito Corbal comezará na súa confluencia con Sagasta, fronte a Zara
Por Redacción
Dúas semanas. ÿ o prazo marcado para concluír os traballos previos á peonalización de Benito Corbal. O concelleiro Luís Bará supervisou este venres o inicio das obras na confluencia de Daniel da Sota e Castelao. Alí situarase unha parada de taxis que terá capacidade para "oito ou nove" taxis e unha zona de servizos para necesidades comerciais. Posteriormente actuarase en Sagasta con Castelao e en Cruz Gallástegui con Branco Porto.
Nestas tres áreas, como xa se anunciou previamente, recortaranse as beirarrúas nos entronques de todas estas rúas para que, cando se peche ao tráfico Benito Corbal, os vehículos poidan derivarse por esa zona. Para iso, o Concello e a empresa que executa os traballos, EC Casas, márcanse no calendario a data da primeira semana de outubro.
A peonalización propiamente dita de Benito Corbal iniciarase na confluencia con Sagasta, na contorna de Zara, "e irán avanzando para abaixo, cara Cobián Roffignac", explicou Bará. Será entón cando se corte ao tráfico a rúa, desviando os vehículos por Sagasta, Castelao e Daniel da Sota, cambiando estas dúas últimas o sentido de circulación.
Segundo o concelleiro nacionalista, os traballos de peonalización intentarán conciliar a execución das obras co acceso para residentes e servizos a Benito Corbal "e irase facendo segundo avance o plan da obra unha reorganizacion das entradas e saídas". Recoñeceu que puntualmente poderase cortar algún acceso a garaxes, pero insistiu en que os veciños serán informados "puntualmente" de calquera decisión a este respecto.
Relacionadas:
-
A Policía Local prevé atascos polas obras de Benito Corbal
Por Redacción |
-
O 8 de outubro, data prevista para o inicio das obras de peonalización de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan os traballos previos á peonalización de Benito Corbal
Por Redacción |
-
ÿltimos días para circular en coche por Benito Corbal
Por Redacción |