O alcalde recolle as demandas da veciñanza da aldea cuntiense de Calvos
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos e o concelleiro Martín Álvarez desprazáronse este sábado ata a aldea de Calvos para escoitar as demandas da veciñanza.
O alcalde comentou que a corporación municipal sempre fixo unha aposta forte polo rural e que despois dos temporais sufridos é preciso reforzar estas intervencións.
Martín Álvarez fixo fincapé na necesidade de escoitar á veciñanza antes de acometer as melloras previstas tanto no pavimentado como na recollida de pluviais.
A reunión discorreu moi fluida pois a predisposición mostrada pola corporación municipal foi moi ben acollida pola veciñanza desta aldea que puido facer as súas demandas.
O alcalde comprometeuse a dar solución a estas necesidades nun curto espazo de tempo pois estas obras de melloras entrarán dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O concelleiro tamén comentou que os estragos sufridos polos últimos temporais impediron acometer algunha obra prevista con anterioridade.