Catro adultos e un neno, feridos leves nun accidente de tráfico en Ribadumia
Por Redacción
Na tarde deste sábado 27 producíase un aparatoso accidente na estrada PO-300 á altura de Leiro, no municipio de Ribadumia.
Producíase un impacto entre un Seat Eivissa e un Audi. No primeiro vehículo viaxaban dous mozos de 19 anos, que foron atendidos por unha ambulancia medicalizada do 061 no mesmo lugar do accidente.
No outro vehículo viaxaban dous adultos, de 45 e 44 anos, ademais dun menor, de 10 anos de idade, que ocupaba a parte de atrás do turismo. Os tres ocupantes tamén foron atendidos no punto das diferentes feridas.
Ata o lugar desprazáronse tanto efectivos de Emerxencias Cambados, como os Bombeiros do Salnés e Atestados da Garda Civil de Tráfico. Foi necesario cortar o tráfico durante dúas horas na estrada para proceder á limpeza da calzada dos restos dos dous vehículos.