A Policía Local de Poio localiza un turismo coa placa de matrícula que non lle correspondía
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio localizou en San Salvador un turismo coa placa de matrícula que non lle correspondía.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, o vehículo figuraba na base de datos da Dirección Xeral de Tráfico, cunha marca e modelo diferente ao da matrícula.
Os axentes trasladaron o vehículo ao depósito municipal para poder investigar as causas que motivaron o cambio da placa de matrícula orixinal. Este vehículo fora denunciado por obstaculizar a entrada dun vao en Poio o día de Noiteboa, resultando que a sanción chegou ao propietario titular das placas de matricula, con residencia en Valencia, este recorreu a sanción alegando que non pasara por Poio.
Os axentes municipais iniciaron unha investigación para aclarar os feitos e o turismo foi localizado en San Salvador esta pasada semana coas placas de matrícula que non lle correspondían.
Xa no depósito municipal os axentes verificaron o bastidor e os elementos de seguridade do coche para pescudar se o propietario tentaba librarse das multas cometendo un presunto delito de falsidade documental, finalmente determinouse que se debeu a un erro grave labor pola empresa que acuñou a numeración das placas de matrícula.
O curioso é que nin o propietario, nin a compañía de seguros do vehículo, nin a estación de ITV désense conta do grave erro.
O propietario tivo que cambiar as placas coa numeración correcta e cambiar a póliza do seguro que. Agora enfróntase a sanción correspondente por obstaculizar o vao, quedando estimadas as alegacións presentadas polo titular do vehículo de Valencia.