Rafa Domínguez cuestiona a calidade das últimas obras de saneamento
Por Redacción
O presidente do PP local Rafa Domínguez criticou as últimas obras relacionadas co saneamento da cidade e, en concreto, lamentou o estado do pozo de entroncamento do colector do Gafos que, segundo denuncia, atópase desbordado desde hai semanas.
"A calidade das últimas actuacións é moi cuestionable", afirma o concelleiro popular e pon en dúbida o "suposto compromiso ambiental" do goberno encabezado por Fernández Lores. Asegura que a existencia de verteduras contaminantes en zonas onde o Concello realizou obras recentemente mostra que a calidade deses traballos non foi óptimo.
Por este motivo, reclama ao goberno local que teña "moito máis coidado" e que actúe dunha forma "máis contundente e lóxica na realización das obras de saneamento no rural". Piden maior esforzo por parte do Concello para eliminar verteduras nas parroquias.