Identifican dous furtivos na praia da Reiboa
Por Redacción
Este xoves ás 21.15 horas, a Policía Local de Poio e integrantes do servizo de Gardapescas da confraría de Pontevedra establecía un operativo especial nas praias de Poio grazas ao que lograban identificar a dous furtivos na praia da Reiboa.
Os dous homes foron detectados "in fraganti", segundo informan desde a Policía Local de Poio. Ambos se atopaban faenando e extraendo ameixas de maneira ilegal na zona. Ante a presenza dos axentes policiais, os dous furtivos tentaron escaparse correndo. Finalmente víronse acurralos e tiraron parte da cantidade recollida de ameixa na area.
Os dous homes contan cun amplo historial de antecedentes. Trátase de veciños de Poio e xa son coñecidos polos axentes e os vixiantes. No momento en que foron localizados levaban dous sacos de bivalvo. Tras a persecución, lograron fuxir cun destes sacos.
Os axentes conseguiron intervir seis quilogramos e presentouse unha denuncia contra os dous furtivos por cometer unha infracción administrativa ante os órganos competentes da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Sorprenden dous furtivos que colleron seis quilos de ameixa na praia da Pinela, un deles reincidente
Por Redacción |
-
Multa de 720 euros a dous furtivos habituais acusados de extraer ameixa xapónica en Poio
Por Redacción |
-
Sorprenden un pescador furtivo con 33 troitas de tamaño ilegal nun afluente do Lérez
Por Redacción |