Soben os casos activos en Sanxenxo e Pontevedra aínda que a maior incidencia está na Lama e Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño
A Lama, Ponte Caldelas e Soutomaior, que aumentan a súa incidencia con respecto a onte, presentan este xoves os peores datos da área sanitaria, segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde. Sitúanse ao redor de 450 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días.
Neles, aumentan os casos activos por covid-19. A Lama ten 11 contaxiados (un máis que onte) e acumula dous días seguidos de crecemento. Soutomaior sobe a 42, tamén uno máis.
Vilaboa (27 casos, cinco menos) e Vilanova de Arousa (44 casos, un máis), que tamén superan os 400 de incidencia, están tamén á cabeza no ranking municipal da área sanitaria, xunto con Catoira, Marín, Meis, Cuntis, Cambados, Barro e Cerdedo-Cotobade.
Entre estes últimos, os maiores descensos no número de contaxiados rexístrase en Marín, que cae ata os 97 casos activos (nove menos); Cerdedo-Cotobade, con 21 (cinco menos); ou Barro, que queda en 10 (tres menos).
Cuntis, con 15 (dous menos); e Cambados, con 44 (un menos), tamén se suman a esta tendencia á baixa entre os municipios de maior incidencia.
Repunte á alza prodúcese, aínda que timidamente, na cidade de Pontevedra que rebota ata os 199 casos activos. Son tres menos que onte, segundo os datos do goberno municipal.
Catro casos activos máis, pola súa banda, rexistráronse en Sanxenxo, que conta actualmente con 55 contaxiados entre os seus veciños.
Salvo Campo Lameiro e Moraña, que se manteñen con 4 e 9 casos activos respectivamente, os contaxios descenderon en Vilagarcía (89 casos, dous menos), Poio (51 casos, cinco menos), Bueu (20 casos, cinco menos), Meaño (17 casos, dous menos) e Ribadumia (7 casos, dous menos).
Este xoves, por último, volven ser catro os municipios da área sanitaria que teñen unha inferior aos 150 casos por cada 100.000 habitantes. Son Caldas de Reis, Forcarei, O Grove e Portas. De todos só este último detalla os seus casos activos. Ten dous, os mesmos que onte.
A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.
Relacionadas:
-
Nove municipios da área sanitaria teñen xa unha incidencia menor a 150
Por Redacción |
-
A área sanitaria ten 884 casos activos por covid-19, catorce deles pacientes en críticos
Por Alejandro Espiño |
-
Un home de 53 e unha muller de 90 anos, novas vítimas da covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Baixan a 49 os pacientes covid hospitalizados na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Catro mortes por covid-19 na área sanitaria elevan a 151 o número de falecidos nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Pontevedra reduce a súa incidencia a 180 tras caer os seus casos activos ata os 196
Por Alejandro Espiño |