O BNG presenta o proxecto 'Galiza! Next' para a recuperación produtiva das rías galegas e o traslado de Ence
O BNG presenta unha proposta de proxecto Galicia Next, xerar futuro, para investir coa convocatoria dos fondos europeos Next Generation neste contexto de crise sanitaria e social, como unha oportunidade para fomentar a economía e servizos públicos en Galicia.
O proxecto consta dun investimento total de 1.096 millón de euros, e que Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento de Galicia, o define como "un proxecto ambicioso, con vocación de futuro e transformador para abrir un novo tempo para as rías galegas ".
Trátase dun conxunto de 45 proxectos concretos, 41 proxectos denominados como estratéxicos galegos, e catro proxectos territoriais galegos; todos eles con vistas a crear futuro na ciencia, na investigación, innovación e transformacion ecolóxica e dixital, así como para fortalecer os servizos públicos e tamén o tecido colectivo, económico e social dos grandes sectores estratéxicos e produtivos da economía galega, onde se atopa tamén o sector do mar, entre outros sectores fundamentais.
Un dos obxectivos destacados é o do intento por apoiar ás PEMES, tal e como indicou o parlamentario do BNG, "fronte á proposta do PP, dirixida fundamentalmente en apoiar aos grandes grupos económicos e empresas".
En total suman un investimento de 14.381 millóns de euros, con axudas ás rías galegas, incluíndo unha proposta para o rural, outra para o monte e unha última para a zona fronteiriza do Miño. A promoción para as rías ten como finalidade fortalecer o sector económico, que tal e como Luís Bará definiu, "move moito emprego e ten moita capacidade de proxección cara o futuro". A proposición concreta aséntase sobre sete grandes piares:
O primeiro deles reflíctese na innovación e investigación, no que se destinarían 32 millóns de euros co fin de crear un consorcio público que englobe a todos os entes de investigación do sector público e estatal e universidades. Con isto pretenden crear unha rede de traballo común que sitúe a Galicia como o principal complexo de investigación tecnolóxico e de investigación arredor de toda Europa, en relación co sector marítimo e das rías. Ademais, o deputado asegura que "temos capacidade de liderar ese papel en Europa".
O segundo piar garda relación coa mellora da calidade dos ríos, que Bará ve como fundamental traballar neste ámbito para mellorar a calidade da auga destes. Para este punto propoñen un investimento de 152 millóns de euros para eliminar todo tipo de vertidos contaminantes, tanto de orixe urbana ou industrial que afecta aos ríos, como tamén cara o control do desaugamento que afecta á sanidade das augas, así como ao desmantelamento dos procedementos perxudiciais para a saúde pública e calidade das augas.
Un terceiro punto é o da recuperación das rías, para o que propoñen un investimento de 601 millóns de euros para a eliminación dos 1.575 vertidos contaminantes das 18 rías galegas, unha depuración das rías por un valor de 500 millóns de euros dentro do presuposto anterior. 100 dos anteriores 601 millóns estarían destinados á rexeneración e dragaxes, e 1 millón para a realización dun programa de estudo sobre a calidade das augas e medidas para mellorala
O cuarto elemento está destinado á recuperación da costa, cun investimento de 200 millóns de euros para a recuperación dos espazos que por agora están ocupados por equipamentos e instalacións industriais que non gardan relación co mar. O parlamentario alega que teñen que ser trasladadas, como é o caso das industrias na Ría de Pontevedra, visualizándo o proxecto como unha oportunidade para o traslado destas instalacións. Neste caso poñía como exemplo o caso do complexo industrial de ENCE en Lourizán, "que tería que ser financiado por outras vías que non fosen os fondos europeos".
O quinto piar ten que ver coa recuperación productiva, cun investimento de 82 millóns de euros, e con relación á recuperación das zonas actualmente improductivas, e a elaboración de novos planes de explotación, así como a creación de reservas mariñas e granxas mediante un sistema público-privado de sementes para favorecer ás cofradías de semente autóctonas, que polo momento estanse a importar debido á falta de instalacións destinadas a esta actividade. Ademais, a esta iniciativa súmaselle a creación dun programa de control de plagas e especies invasoras.
Ademais disto, destacouse tamén a importancia da produción, comercialización e distribución de produtos de calidade, así como a negociación dentro de todos os sectores da cadea. Cun presuposto de 25 millóns, este apartado ten como obxectivo crear valor engadido, para que o se propón a creación dunha sociedade mixta público-privada para a promoción do produto galego, a imaxe de marca, a trazabilidade e o fortalecemento das canles de distribución, coa creación dunha plataforma público-privada de venda online.
Por último, o séptimo píar correspondería co proxecto das enerxías renovables e de eficiencia enerxética, cun investimento de 4 millón de euros, e que estaría destinado cara unha mellor xestión e eficiencia enerxética e á instalación de equipamentos de enerxías renovables en todas as sedes da administración.