Denuncian a aparición de tres gatos envelenados en Mollavao e outro, en Vilaboa, cun proxectil na columna
Por Redacción
O colectivo de defensa de animais Difusión Felina denunciou que este martes 23 de febreiro foron alertados da presenza de tres gatos envelenados na zona de Mollavao en Pontevedra. Dous destes animais faleceron tras inxerir o veleno e o terceiro atópase ingresado nunha clínica veterinaria con prognóstico moi grave.
Os responsables desta asociación aseguran que xa se produciron outros envelenamentos, en concreto na rúa Mollavao e reclaman un maior control das autoridades para evitar que se repitan estas situacións de agresión aos animais.
Ademais, o colectivo sinala que, nas últimas horas, tamén apareceu un gato no lugar de Larache, en Santa Cristina de Cobres, no municipio de Vilaboa co impacto dun proxectil na columna.
O animal atópase baixo observación veterinaria para determinar se é posible que se poida recuperar. Neste momento, segundo os integrantes de Difusión Felina, as patas traseiras deste gato atópanse paralizadas debido aos danos causados polo proxectil, que se pode ver nas radiografías.
Difusión Felina lembra que en xaneiro se produciu outro incidente de malos tratos animais nas rúas de Pontevedra de similares características cando localizaron a un gato que sufrira varios impactos de balotes e que provocaron a fractura dunha das súas patas.
Desde a asociación demandan calquera axuda para denunciar estes feitos e localizar ás persoas que causaran estes delitos de malos tratos animais.
Relacionadas:
-
Denuncian o abandono de ata 26 gatos en Pontevedra en tan só tres días
Por Redacción |
-
Denuncian a presenza dunha egua no Morrazo coas patas dianteiras atadas
Por Redacción |
-
Pontevedra esterilizou un cento de gatos nas colonias felinas da cidade
Por Redacción |
-
Benestar Animal prepara unha ordenanza para que as colonias felinas estean controladas
Por Redacción |
-
Piden colaboración para encontrar a persoa que disparou contra un gato na contorna de Juan Carlos I
Por Redacción |
-
Buscan o autor do envelenamento da colonia de gatos de Estribela
Por Redacción |