Unha prancha solta dun edificio provoca un corte de tráfico en Jaime Janer coincidindo coa saída escolar
Por Redacción
Efectivos do Parque dos Bombeiros do Morrazo tiveron que intervir na tarde deste martes na rúa Jaime Janer de Marín ante o perigo de que caese un ferro da fachada dun oitavo piso dun edificio desta céntrica vía.
Foi necesario acordoar a zona e cortar o tráfico por parte da Policía Local. Esa situación coincidiu coa saída dos autobuses escolares, que se atoparon coa imposibilidade de saír ao non haber outra opción que Jaime Janer. Os condutores estacionaron os autobuses tras os coches de bombeiros.
No caso das paradas próximas, acompañouse aos escolares andando, segundo o goberno local de Marín. O autobús da zona de Estribela-Cantodarea viuse obrigado a esperar durante máis tempo e algúns familiares foron a recoller aos escolares ata a zona.
Unha vez que os Bombeiros puideron deixar espazo, os autobuses renovaron a súa marcha. Non se produciu ningunha situación de perigo, segundo informan desde o Concello de Marín. Ao redor das 16.40 horas asegurouse de novo o edificio. Os bombeiros comprobaron que había outros dúas pranchas soltas máis e con perigo de desprenderse sobre a calzada. Foron retiradas.
Desde o Concello de Marín agradecen aos pais e nais a comprensión ante esta situación imprevista.