Frea o ritmo de contaxios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade informa que este martes 23 de febreiro na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés hai 1.036 casos activos de covid-19. Isto supón un descenso de 42 menos que onte luns. O ritmo de contaxios freouse e o SERGAS tan só notifica o de 17 persoas aínda que nas últimas 24 horas só se fixeron 347 probas PCR.
Mantéñense 62 pacientes infectados de coronavirus ingresados en planta de hospitalización.
Concretamente hai 56 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 5 no Hospital do Salnés.
A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo segue ocupada con 17 pacientes en estado crítico.
Así mesmo, permanecen 957 casos de covid-19 evolucionando nos seus respectivos domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia da pandemia curáronse 10.964 pacientes. Son 58 perosnas máis que no día de onte.
Faleceron por este virus na área sanitaria 147 pacientes. O último, en Montecelo, un home de 56 anos, que non presentaba patoloxías previas.
En canto a realización de PCR’ s xa son 161.219 as efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.748, deles 2.524 son da área da Coruña, 767 da de Lugo, 552 da de Ourense, 1.036 da de Pontevedra, 1.214 da área de Vigo, 838 da de Santiago e 817 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 146 están en UCI, 547 en unidades de hospitalización e 7.055 no domicilio.
Polo de agora, en Galicia hai un total de 101.249 persoas curadas, rexistrándose 2.187 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.635.402.
Relacionadas:
-
Os casos activos baixan do milleiro na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Xa non hai ningún concello da área sanitaria cunha incidencia superior a 500 tras a melloría de Catoira
Por Alejandro Espiño |
-
Microbioloxía calcula que o 70% do virus na área sanitaria procede da cepa británica
Por Redacción |
-
Seguen a descender os casos e baixa a presión hospitalaria na área
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra consolida o seu descenso en casos activos e xa ten unha incidencia por baixo de 250
Por Redacción |
-
Sanidade informa de 120 casos activos menos na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |