Solicitan a vacinación simultánea de todo o persoal do cárcere da Lama
Por Oskar Viéitez
As seccións sindicais de ACAIP-UXT e CCOO no centro penal da Lama solicitan á Consellería de Sanidade que se proceda a vacinar simultaneamente á totalidade do persoal.
Segundo a estratexia de vacinación referendada o día 10 de febreiro polo Consello Interterritorial de Saúde prevese a utilización da vacina AstraZeneca para os traballadores penais menores de 55 anos, quedando para máis adiante a vacinación dos traballadores maiores de 55 anos.
Actualmente o persoal da Lama está formada por 208 traballadores maiores de 55 anos dun total de 486 traballadores penais.
Os sindicatos advirten que, de seguir o protocolo establecido polo Ministerio de Sanidade, o 43% dos traballadores non deberían de recibir a vacina de AstraZeneca xa que superan a idade recomendada polo Ministerio de Sanidade para a administración ddesta vacina.
Desde ACAIP-UXT e CCOO sinalan que "é importante para reducir o risco dun gromo no Centro Penal que a vacinación se produza simultaneamente a todo o persoal, ao tratarse dun centro pechado cunha interacción constante entre internos e funcionarios".
Ademais, engaden, "moitos destes internos padecen patoloxías graves e serían máis vulnerables ás consecuencias dun contaxio de Covid19".
Igualmente, recalcan estes sindicatos que "é fundamental protexer á totalidade dun persoal xa mermado en número de efectivos".
Por todo iso as seccións sindicais de ACAIP-UXT e CCOO no centro penal da Lama solicitan á Consellería de Sanidade que se vacine coas vacinas de Pfizer ou Moderna aos traballadores maiores de 55 anos simultaneamente aos traballadores de menor idade.
Relacionadas:
-
Galicia comeza a vacinar aos docentes de infantil, primaria e secundaria
Por Alejandro Espiño |
-
A prisión da Lama empeza a inmunizarse: unha sanitaria, primeira funcionaria en vacinarse
Por Natalia Puga |
-
Varios funcionarios da Lama, feridos nun altercado cun interno
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Colectivos de defensa dos presos denuncian recortes dos dereitos dos internos na Lama debido á covid
Por Redacción |