A Xunta confirma a reapertura de ximnasios na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo anunciase en rolda de prensa que só se permitiría a reapertura dos centros deportivos nos municipios de nivel tres, horas máis tarde corrixiu para engadir que finalmente tamén poderán volver abrir as súas portas aqueles espazos deportivos situados nos concellos que se atopen no nivel 2 de restricións.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés atópase neste nivel dous.
De modo que a partir do venres poderán abrir instalacións deportivas como ximnasios e piscinas, sempre respectando os aforos.
Tamén se permitirá a actividade deportiva para grupos de ata catro persoas non conviventes, sempre con máscara.
Os ximnasios seguirán pechados en Aranga, Cabanas, Carballo, Catoira, Corcubión, O Corgo, Gomesende, A Gudiña, Guitiriz, Larouco, Malpica de Bergantiños, Moeche, A Peroxa, Ponteceso, A Pontenova, Toques e Xunqueira de Espadañedo.
Relacionadas:
-
Haberá inspeccións contínuas nos bares, que poderán ser precintados se incumpren as restricións
Por Alejandro Espiño |
-
As novas restricións en Pontevedra: que podo facer a partir deste venres?
Por Alejandro Espiño |
-
Reabre a hostalería e anulan os peches perimetrais en toda a área sanitaria de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |