A folga en Treves segue convocada a pesar dun achegamento de posturas entre empresa e comité
Por Anxo Lourido
Os traballadores de Treves manteñen a convocatoria de folga para o luns 23 a pesar de que durante a negociación de catro horas mantida este xoves se achegaron posturas coa empresa en relación cos dous primeiros puntos que querían tratar: o elevado ritmo de traballo e a rotación dos postos. Dende o comité de empresa solicitaron que unha entidade externa mida os tempos de traballo e a ergonomía dos postos e que mentres non se solucione o problema se reforcen os postos con máis traballadores.
O director da empresa do Polígono do Campiño aceptou a proposta dos representantes sindicais e, segundo sinalaba o presidente do comité, David Couñago, "a empresa dei que non se pode parar" en referencia á convocatoria da folga para a próxima semana.
Neste sentido, a dirección propuxo xa aos traballadores que desconvocaran o paro pero o comité non aceptou porque "aínda está moi verde a negociación". Mañá, venres 20, retomarase a negociación e os representantes sindicais esperan que quede recollido por escrito a aceptación dos puntos tratados neste primeiro encontro. "Eles teñen que consultalo e a nós sorpréndenos que admitan que veña unha empresa externa para que realice esa análise cando iso vai supor un gasto para a empresa", sinalou Couñago.
A negociación continuará este venres a partir das 10:30 horas na factoría do Campiño.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Treves desconvocan a folga ao aceptar a dirección as súas peticións laborais
Por Anxo Lourido |
-
Principio de acordo en Treves que, agás sorpresa, evita a folga prevista para o luns 23
Por Redacción |
-
O persoal de Treves iniciará unha folga o luns 23 ante o "altísimo ritmo de traballo" imposto pola empresa
Por Anxo Lourido |
-
O motor de Citroen acelera o traballo de Treves
Por Oskar Viéitez |