Falece un home de 33 anos nun edificio abandonado xunto á Comisaría
Por Redacción
Un indixente de 33 anos faleceu este domingo nun edificio abandonado anexo ao colexio Álvarez Limeses, na rúa Joaquín Costa de Pontevedra.
Descoñécense as causas da morte.
O falecido e outro home accederan ao interior deste edificio a través da porta de entrada, que está rebentada.
Foi un compañeiro da vítima o que alertou á Policía Nacional, cuxa comisaría se atopa a poucos metros deste inmoble coñecido por ser a antiga casa de mestres do colexio.
O edificio pertence ao Concello de Pontevedra.