'Duelo de Pepes' ao estilo Masterchef no Pazo Baión
Por Redacción
Ningún chef galego participou na primeira edición de Masterchef, o exitoso programa culinario de TVE. Quizá sexa algo que cambie na súa segunda tempada, grazas ao 'duelo de Pepes' que se viviu en Pazo Baión. Pepe Rodríguez, o prestixioso chef do restaurante Bohio e un dos xuíces do programa, compartiu protagonismo con Pepe Solla, nun 'showcooking' no que ambos reinterpretaron a cociña autóctona galega e castelá.
O acto, presentado polo cociñeiro galego Antonio Botana, celebrouse no exterior do pazo o que fixo máis espectacular o marco do evento, organizado pola Mancomunidade do Salnés e que serviu para poñer colofón ás xornadas gastronómicas sobre innovación e tendencias da nova gastronomía. Os dous cociñeiros compartiron utensilios e encimera nun ambiente cálido e distendido no que descubriron, ante máis de 70 profesionais do mundo culinario, algúns dos seus segredos.
Pepe Solla, recentemente chegado de terras mexicanas, sorprendeu aos asistentes coa reinterpretación de tres clásicos produtos da mesa galega. Explicou como aportar sutís toques exóticos utilizando elementos propios da cociña centroamericana. Así, demostrou como é posible dotar ao clásico produto galego un sabor novedoso e un acento transoceánico.
Por exemplo, presentou unhas navallas sobre unha lámina de nabo tras escaldar o molusco en chile. Tamén elaborou un peixe, un San Martiño, no que o chef denomina un "falso asado", é dicir, cociñado a baixa temperatura con chiribíes, unha verdura rescatada do esquecemento, con cenorias e allos aos que engadiu unha variante de piparra vasca. Para rematar, preparou un bonito marinado en rodaxas bañado sobre unha maionesa de wasabi que lle deu frescor ao prato.
O sabor de cocíñaa castelá estivo a cargo do masterchef Pepe Rodríguez. Elixiu ingredientes tradicionais da mesa castelá aos que deu a personalidade que lle caracteriza na cociña e que leva o selo do restaurante Bohio. Os tres pratos pertencen ao recetario popular elemental castelán que foron versionados ao xeito de entender a cociña por Pepe Rodríguez, de modo que, a combinación consegue recibir un novo impulso.
Un dos pratos exhibidos polo popular presentador de televisión foron unhas clásicas patacas con costela. Serviu, en segundo lugar, un potaxe de bacallau con espinacas e terminou cunhas verduras feitas no tradicional cocido para ser presentado finalmente en forma de ensalada. Neste último prato, Pepe Rodríguez, fixo un guiño á cociña galega ao utilizar para a ensalada o nabo, que refinou co aroma e o sabor do clásico cocido.
En total, ambos mestres presentaron aos asistentes seis pratos rescatados da tradicional mesa autóctona castelá e galega conseguindo deleitar ao público coa súa particular visión e sobre todo ensinando aos seus colegas de profesión que a creatividade e as influencias de calquera cociña non ten límites, porque entre fogóns sempre hai espazo para a evolución.
A conclusión é que grazas á creatividade, a orixinalidade e as influencias do exterior a cociña clásica consegue cobrar vida nova e enriquécese ao descubrir novos sabores e valores engadidos que evolucionan a gastronomía lugareña. A xornada terminou coa organización dun networking na que os profesionais inscritos integráronse no auditorio para preguntar e realizar as súas achegas.
Á conclusión do acto, os asistentes tiveron o privilexio de probar a nova añada do viño Pazo Baión do ano 2012, un viño de pago, Albariño 100%, coa denominación Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uvas da finca Baión, que maduraron durante seis meses sobre leas.