Ponte Caldelas recibiu 20 solicitudes de licenza de obra desde xaneiro do pasado ano
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas segue notificando o incremento de licenzas de obra. Dende o 1 de xaneiro de 2020, recibiron un total de 20 solicitudes. 10 para construcción de nova vivenda, 1 para rehabilitación, 1 para ampliar a vivenda unifamiliar, 3 para a construcción de naves no Polígono da Reigosa e 5 para outras licencias de construcción como garaxes, piscinas, etc.
Así mesmo, dende esa data contabilizaron 103 expedientes de comunicacións previas,10 solicitudes de licencias de primeira ocupación y 49 informes urbanísticos.
Pola súa banda, dende o Concello informan que debido o alto volume de expedientes, dende o mes de setembro de 2020 contan cunha arquitecta municipal de luns a venres, con dous días de atención ó público (luns e xoves) e tres días para expedientes e proxectos.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz explicou que este número de solicitudes é debido o continuo crecemento de poboación que vive o Concello xa que "leva tres anos medrando en poboación, vivo, activos e moi dinámico a nivel cultural, veciñal, deportivo e de eventos".