Unha muller e un home, de 87 e 86 anos, novas vítimas por covid-19 en Montecelo
Por Redacción
Unha muller de 87 anos falecía este venres 19 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra mentres que un home de 86 morría este sábado no Hospital Montecelo, sendo a única morte producida nesta xornada, segundo a Consellería de Sanidade nos datos facilitados a última hora da tarde deste sábado.
Tanto a muller como o home contaban con outras enfermidades previas nos seus historiais clínicos.
Con estas dúas perdas, o número de decesos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ascende a 145. O anterior falecido notificábase este venres, tratábase dun home de 54 anos procedente de O Vao en Poio que, semanas antes, perdera a un fillo, de só 31 anos, por culpa da covid-19.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 10.658 pacientes nos hospitais de Pontevedra e O Salnés.
SANIDADE NOTIFICA 8 FALECEMENTOS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade notificaba este sábado un único falecemento nesta xornada, a do home de 86 anos do CHUP.
Tamén facilitaba os datos de sete vítimas máis rexistradas durante o venres 19 e que Saúde Pública constatou que se produciron como consecuencia da pandemia.
Ademais da muller de 87 anos en Montecelo, informa da morte dunha muller de 77 anos no Complexo Hospitalario de Santiago; unha muller de 96 e un home de 89 anos no Complexo Hospitalario da Coruña; un home de 77 e unha muller de 85 anos no Complexo Hospitalario de Ourense e, por último, un home de 84 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol.
Todas estas vítimas rexistradas nas últimas 48 horas contaban con enfermidades previas pero a súa morte se producia por mor da covid-19. En total, desde que se teñen datos das persoas falecidas pola pandemia, Galicia suma 2.172 vítimas e curáronse 99.013 persoas contaxiadas.
Relacionadas:
-
Unha muller de 91 anos falecida en Montecelo, única morte rexistrada por covid este domingo en Galicia
Por Redacción |
-
Pontevedra consolida o seu descenso en casos activos e xa ten unha incidencia por baixo de 250
Por Redacción |
-
Baixan a 1.270 os casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Falece un home de 54 anos no Hospital Montecelo por covid-19
Por Redacción |
-
Sanidade fará un cribado en Marín entre a veciñanza de 30 a 65 anos
Por Redacción | Creada e actualizada