Marín formalizará a súa adhesión á Axenda 2030
Por Redacción
A alcaldesa, María Ramallo, anunciou que Marín solicitará a adhesión á Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para a Axenda 2030 da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).
Esta rede está formada polos gobernos locais que se comprometen a localizar e implementar os ODS da Axenda 2030 de forma transversal nas súas políticas públicas municipais. "Desde Marín, levamos anos traballando para conseguir estes obxectivos de mellora da calidade de vida pública e seguiremos facéndoo, sumándonos a esta nova ferramenta que nos ofrecen ás entidades locais", aseguro a rexedora.
Con esta adhesión, que será levada ao pleno da vindeira semana, o goberno local comprometerase a determinar un conxunto de actuacións, que deberán incorporarse nun plan de actuación ou estratexia local, no que se inclúa unha análise da situación e un plan de localización e implementación destes obxectivos europeos.
Os obxectivos ODS son: fin da pobreza, fame cero, saúde e benestar, educación de calidade, igualdade de xénero, auga limpa e saneamento, enerxía asequible e non contaminante, traballo decente e crecemento económico; industria, innovación e infraestrutura; redución das desigualdades, cidades e comunidades sostibles, produción e consumo responsables, acción polo clima, vida submarina, vida de ecosistemas terrestres; paz, xustiza e institucións sólidas, e alianzas para lograr os obxectivos.
"O camiño que agora debemos facer é o de aplicar ao noso contexto local estes epígrafes, fomentando actuacións concretas que nos axuden a conseguilos desde unha perspectiva municipal", explicou Ramallo.
Relacionadas:
-
Marín en Rede presenta unha nova campaña de dinamización do consumo
Por Redacción |
-
Carmela Silva defende a importancia da administración local no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva e Ione Belarra sentan as bases para avanzar no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |