Sanidade fará un cribado en Meaño entre as persoas de 30 a 60 anos
Por Redacción
Continúan os cribados masivos nos municipios pontevedreses. Nesta ocasión, a Consellería de Sanidade confirmou o Concello de Meaño para realizar as probas a persoas de entre 30 e 60 anos de idade. Serán o luns 22 e o martes 23 de febreiro a partir das 15:30 horas.
Segundo as estimacións das autoridades sanitarias as probas se realizarán a máis de 1.800 veciños ao segmento de poboación que máis incidencia de contaxio ten no municipio.
As persoas serán citadas mediante mensaxe de texto co día e a hora na que se fará a proba, por eso recomiendan tener el número de teléfono actualizado. Dende o Concello rogan máxima puntualidade e axilidade á hora de facer a proba para evitar algomeracións innecesarias. Tamén recomendan acudir cun pouco de antelación e esperar no coche para así facilitar o cumplimento das normas de distanciamento social.
Pola súa banda, o alcalde Carlos Viéitez agradece a autorización para realizar o cribado, considerándoo beneficioso para a detección de posibles casos asintomáticos e prever illamentos e confinamentos dos contaxios detectados.