O Día Internacional do Guía de Turismo celebrarase en liña co cancelo #DIGT2021
Por Redacción
Como está a ocorrer coa maioría de celebracións, o Día Internacional do Guía de Turismo, que terá lugar o vindeiro domingo 21 de febreiro, realizarase de maneira diferente á habitual.
Segundo informaron desde a Oficina Municipal de Turismo de Pontevedra, con motivo da prevención da covid-19, este ano a efeméride celebrarase en liña co uso do cancelo #DIGT2021 nas redes sociais.
Para iso, a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia creou un vídeo a través do cal animan á xente para participar na celebración deste día desde casa e insisten en que "los guías turísticos te estamos esperando" e, por tanto, "Galicia te espera".