Poio inicia o proceso de contratación temporal de 28 profesionais de diversas áreas
Por Redacción
O Concello de Poio publicou as bases polas que se rexerá o proceso de contratación de 28 novos traballadores municipais. A través da liña 3 do Plan Concellos da Deputacion, o goberno local reforzará varios departamentos durante os próximos meses cun investimento total que supera os 235.000 euros.
Os requisitos para acceder a esta oferta de emprego pasan por contar coa titulación correspondente e estar dados de alta como demandantes de emprego no Servizo de Público de Emprego. A documentación pode presentarse de forma telemática ou presencial, aínda que neste caso con cita previa.
As primeiras contratacións faranse efectivas a finais do mes de marzo e a duración destes contratos oscilará entre os tres e os oito meses.
O Concello contempla a incorporación de quince persoas para tarefas relacionadas á posta en valor de espazos públicos urbanos e protección ambiental. Outros dez pasarán a ser operarios na área de Obras e Servizos, aos que se unirán tres condutores e dous electricistas.
Pola súa banda, Servizos Sociais contará con dous auxiliares de clínica, un técnico de mocidade e un traballador social. En Turismo incorporaranse dous técnicos superiores. Estas bases inclúen tamén a contratación de catro conserxes e tres limpadores.