Campo Lameiro aproba axudas para a natalidade e axiliza os trámites para a apertura de comercios
Por Redacción
O Concello de Campo Lameiro aprobou no pleno da corporación municipal a concesión de tódalas axudas á natalidade solicitadas, modificou a ordenanza fiscal do imposto de construccións, instalación e obras (ICIO) así como unha ordenanza que facilitará maior celeridade na apertura de establecementos comerciais no municipio.
Os concelleiros presentes, votaron con unanimidade á concesión das tres axudas á natalidade. Éstas consisten en 500 euros repartidos en dúas anualidades (250+250 euros) co fin de axudar os proxenitores ou titores legais dos cativos empadroados no municipio.
Tamén aprobaron a modificación na ordenanza fiscal do imposto de construccións, instalación e obras (ICIO). Neste caso, pasarán a bonificar nun 60% esta taxa para vivendas de nova creación ou para reconstrución integral ou rehabilitación integral de vivendas baleiras en mal estado de conservación.
Tal e como informou o Concello, os interesados en acollerse a esta bonificación deberán presentar un proxecto técnico da obra. Esta bonificación do 60% do ICIO a farán efectiva unha vez estea concedida a licencia de primeira ocupación que será cando se faga a devolución dos cartos previamente abonados do 100% no momento de iniciar tódolos trámites.
Así mesmo, no pleno aprobaron unha nova ordenanza para axilizar ao máximo a apertura de novos locais comerciais no municipio. Tamén analizaron a xestión da biomasa, distancia de plantacións e limpeza de fincas dentro da política xeral de loita e prevención contra os incendios forestais.
Por outro lado, o alcalde, Carlos Costa, dentro doutra orde, informou ao pleno da marcha económica do Concello e adiantou que o peche do exercio do ano 2020 situarase en torno a uns 107.000 euros o cal permite manter con solvencia os principais servizos municipais que se acometen desde a administración local.
Informou de que o concurso público para lograr unha mellor eficiencia enerxética no alumeado público municipal, que se sacou a licitación por uns 234.000 euros, adxudicouse a SETGA por case 200.000 euros. Se acometerán grazas a unha subvención do IDAE e tamén contará cun pequeño aporte municipal con cargo ao Plan Concellos.
En canto as mocións, non prosperou ningunha das presentadas por PorVir ao non contar cos apoios suficientes dos demais grupos que compoñen a corporación municipal. No apartado de rogos e preguntas, o alcalde, Carlos Costa, xustificou o retraso na celebración dos plenos nun erro nas cantidades asignadas pola Deputación ao Concello, que provocou que houbera que refacer os orzamentos municipais e outro retraso pola covid-19 xa que houbo persoas directamente encargadas da xestión do mesmo e que tiveron que gardar unha prolongada corentena que impediu a celebración ata agora.
Entre as preguntas plantexadas pola oposición figuraron varias sobre a necesidade de arranxar unha serie de pistas e camiños municipais. O alcalde contestou que estaban na axenda do equipo de goberno pero se estaban acometendo por orden de prioridade e, sobre todo, para garantir o acceso de ambulancias e vehículos de emerxencias a diversas casas, como xeito que marcaba a urxencia ou mesmo o risco de desplome ou perigo para a veciñanza.
Finalmente, trataron os problemas que presenta a depuradora da Laxe e sobre a que actuarán en breve para substituír unha tubaxe de condución e solucionar a entrada de pluviais nas instalacións, causantes da súa saturación.
As papeleiras e contedores no centro da vila, serán substituídos nos próximos días, ao igual que a sinalización do casco urbano. Tamén informou de que o Concello xa enviou varios escritos, tamén a través da Fegamp, a varias compañías telefónicas para mellorar a cobertura en varios lugares do municipio, entre eles Armonda, tal e como lle solicitaron no pleno desde a oposición.