O Centro de Acollida e Protección de Animais superou as cen adopcións de cans en mes e medio
Por Oskar Viéitez
O Centro de Acollida e Protección de Animais ( CAAN) xa superou as cen adopcións de cans no que vai de ano. Segundo valorou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva trátase de cifras "excepcionais" as alcanzadas por este centro pertencente á administración provincial, abrigo se se ten en conta que o pasado ano alcanzouse o récord anual de adopcións, con 583, e que no mesmo período, entre o 1 de xaneiro e o 16 de febreiro, levaban entón 37.
"Triplicamos e por tanto estamos felices, porque isto significa que a sociedade se compromete máis co coidado dos animais e co benestar animal e opta polas adopcións", dixo Carmela Silva na rolda de prensa na que se fixo acompañar por "Suíllo" un can que era ata o de agora o máis veterano do Centro de Acollida onde entrou hai dous anos e medio tras ser recollido en Gondomar.
"Suíllo", de seis anos, é agora a alegría da familia en casa de Francisco Aboal, un veciño da parroquia pontevedresa de Mourente que se mostrou encantado da súa compañía. "Yo pido a la gente que adopte perros, porque piden poco y transmiten mucha felicidad. Llevo ocho días con este perro y ahí lo tienen. Es más valiente que yo y me da mucho. Me emociona cómo me mira", declarou Aboal.
A presidenta destacou que das 100 primeiras adopcións deste 2021, 81 rexistráronse en Galicia, mentres que houbo 9 en Castela A Mancha, 7 en Castela León, 1 en Cataluña, 1 no País Vasco e 1 en Estremadura. Das galegas, 72 foron na provincia de Pontevedra, 6 en Lugo e 3 na A Coruña e ata o de agora o concello con máis adopcións foi A Estrada (15), seguido de Vigo (13) e Pontevedra (8).
No que vai de ano houbo 121 recollidas, cunha media de 80 ao mes, isto reflicte unha tendencia á baixa xa que o ano pasado foron 114. A presidenta sinalou que aínda se están producindo situacións "lamentables", e citou o caso de nove cachorros de tan só un día de idade que foron recollidos abandonados nun monte en Valga o pasado día 14, despois da alerta dunha veciña. Tamén leste mesmo venres recolleuse a unha camada de 7 cachorros abandonados nun contedor en Ribadumia.
A presidenta tamén destacou o feito de que o CAAN está a dar saída aos animais que máis tempo levaban no centro.
Relacionadas:
-
O Centro de Acollida de Animais acadou as 302 adopcións
Por Oskar Viéitez |
-
As adopcións de animais no CAAN levan camiño de récord
Por Redacción |
-
A recuperación de Rulo, bulldog francés rescatado dunha historia de maltrato e agora operado de hernia discal
Por Redacción |
-
Buscan os responsables do abandono dunha gata nunha bolsa precintada
Por Oskar Viéitez |
-
O CAAN da Deputación terá o seu propio equipo de radiodiagnóstico veterinario
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Rescatan 12 cachorros de dúas camadas nun prazo de dous días en Caldas de Reis e O Porriño
Por Redacción |
-
O Centro de Acollida de Animais pechou 2020 cun récord de adopcións e menor número de recollidas
Por Oskar Viéitez |