A negociación do convenio da sanidade privada enquístase e os sindicatos ameazan coa folga
Por Redacción
Os sindicatos CC.OO, UXT, CIG e CSIF sacan á luz as dificultades que atravesa o proceso de negociación do convenio colectivo da sanidade privada na provincia de Pontevedra. Aseguran que a situación está bloqueada pola última proposta da patronal que, denuncian, lonxe de recompensar o esforzo do persoal durante a pandemia, mostra unha carencia de empatía e respecto polos profesionais do sector.
Os representantes dos traballadores consideran un "claro retroceso" a proposta empresarial, que a resumen en máis precariedade e en empobrecemento para os traballadores, pois nin siquera garanten unha mellora salarial. Neste sentido, denuncian que este sector ten un dos soldos máis baixos e xornadas máis longas de todo o Estado, ademais de soportar unha elevada carga de traballo, moita eventualidade e alto grao de polivalencia.
Se as conversacións non avanzan, os sindicatos ameazan con iniciar mobilizacións nos centros de traballo e non descartan a posibilidade de iniciar folgas parciais.
As esixencias dos sindicatos pasan por unha bolsa de 40 horas anuais que a patronal poderá utilizar a pracer avisando ao persoal con só 48 horas de antelación, contratos eventuais a tempo parcial coa posibilidade de ser ampliados en momentos puntuais, exención da obrigación de contratar a persoal con discapacidade e subidas salariais de ata o 0,5 %.