Nenuco pandemia: un simpático bebé e unha caixa de cartón gañan o primeiro premio do concurso de disfraces de Meis
O Entroido está chegando á súa fin, e o Concello de Meis publicou o xoves 18 na súa páxina de Facebook os gañadores do Concurso Virtual de Disfraces de Entroido 2021. O xurado proclamou como gañadores de cadansúa categoría valorados do 1 ao 10, os seguintes disfraces:
Na categoría infantil e xuvenil individual, no que se agrupaba toda a rapazada ata os 17 anos, quedaron clasificados 'A tartaruga', nun segundo posto, e 'Nenuco pandemia', unha orixinal idea na que só precisaron dunha caixa e un pouco de inxenio para facerse con 29 puntos e o primeiro premio.
A pandemia non freou ao esforzo e á innovación, e tamén os adultos se animaron a participar, clasificándose 'Feiticeira escura' nun segundo posto, e 'A dama do repolo' no primeiro posto da categoría adulta individual a partir de 18 anos.
O terceiro e derradeiro apartado respondía á categoría familiar, no que era indispensable que só se tratase de membros convivintes. A clasificación foi a seguinte: 'As irmáns capitanas pescanova de Meis', que acadaron un segundo posto cun total de 21 puntos; e 'As Meninas', cun total de 28,5 puntos, e que recrearon tanto ás Meninas como ao propio Velázquez.
O Concello indicou xunto cos resultados anteriores que se porá en contacto coas persoas gañadoras. A data de entrega dos premios farase conxunta coa do Concurso de Pintado de Pezas de Latón, e a comunicarán polas súas redes sociais nos vindeiros días.
Relacionadas:
-
O concurso virtual de choqueiros e viúvas repartirá premios para gastar no comercio de Poio
Por Redacción |
-
Marín reparte os premios do seu Entroido virtual con máscaras
Por Oskar Viéitez |
-
2.100 euros en vales a repartir entre os gañadores do Concurso do Entroido Dixital
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
O Entroido que non se vive na rúa tomou forza nos colexios
Por Redacción |